Apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas | Financiamento Igape - pemes 2021
- 30/06/2021
- 30/09/2021
-
Etapa
IG535A - Apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas | Financiamento IGAPE - Pemes - 2021
Data de publicación: 29/06/2021
Data inicio de solicitude: 30/06/2021
Data remate de solicitude: 30/09/2021
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto publicar bases e convocar o acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas no anexo I da mencionada resolución.
Características da axuda
As características, as finalidades, os importes máximos e mínimos e as condicións das operacións financeiras apoiadas serán as detalladas para cada liña de financiamento recollida no anexo I da resolución.
Axuda do Igape en forma de garantía.
Axuda do Igape en forma de subsidiación de gastos financeiros.
Deste xeito, as axudas recollidas no anexo I tratan de dar resposta ás necesidades de financiamento detectadas nas pemes galegas e facilitan:
a) Préstamos avalados para o crecemento das pemes, co obxecto de favorecer, mediante reavais, o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou circulante estrutural por parte das pemes galegas.
b) Operacións avaladas para o financiamento de tráfico comercial, co obxecto de favorecer o acceso ao novo financiamento operativo para o tráfico comercial das pemes galegas mediante liñas de crédito específicas para o adianto de efectos comerciais e facturas, pólizas de pagamentos a provedores e pólizas de comercio exterior.
c) Garantías ante terceiros vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos, co obxecto de favorecer a capacidade das pemes para outorgar garantías fronte a terceiros, para garantir o cumprimento de contratos, tráfico comercial ou avais técnicos.
d) Préstamos a longo prazo para financiar necesidades de liquidez, no contexto COVID-19, co obxecto de paliar as dificultades financeiras derivadas da crise sanitaria, nun contexto de lenta recuperación da normalidade nas actividades económicas que afecta de forma máis significativa determinados sectores.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nestas bases as pequenas e medianas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.
b) Cumpran os requisitos e as condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento que se detallan no anexo I.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos anteriores.