Axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 - 2021


  • 09/07/2021
  • 30/09/2021
Accede desde aquí

IG300E - Axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 - Cheques dixitalización COVID-19 - 2021

Data de publicación: 09/07/2021

Data inicio de solicitude: 10/07/2021

Data remate de solicitude: 30/09/2021

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (programa Cheques dixitalización COVID-19).

Características da axuda

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada pola COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:

  • Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
  • Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
  • Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
  • Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
  • Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
  • Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, notas de pedimento.
  • Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral..
  • Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …).
  • Sistemas de balizas.
  • Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados pola COVID-19.
  • Adaptación da presenza na internet para o efecto da COVID-19, mediante elementos como bots de conversación autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
  • Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
  • Solucións de mellora da ciberseguridade.

De maneira excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.

Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 € e os 12.000 € de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5 da resolución publicada.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:

a) Pequenas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (inclúe persoas traballadoras autónomas que cumpran a condición de pequena empresa) que desenvolvan a súa actividade en calquera sector de servizos.

b) Sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.

c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, agrupacións industriais, colexios profesionais, asociacións sindicais ou cámaras. 


Publicación DOG

Corrección erros

Ficha informativa na sede electrónica

 

Válido desde: 
Viernes, 9 Julio, 2021
Válido hasta: 
Jueves, 30 Septiembre, 2021