Programa II. Axudas ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) - 2021


  • 20/07/2021
  • 30/09/2021
Accede desde aquí

TR340E - Programa II. Axudas ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) - 2021

Data de publicación: 20/07/2021

Data inicio de solicitude: 21/07/2021

Data fin solicitude: 30/09/2021

Infografía informativa

Obxecto

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade, que se produzan e realicen entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan neste programa para cada modalidade. 

Características da axuda

As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.

c) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

Persoas beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.


Publicación DOG

Corrección erros

Ficha sede electrónica

 

Válido desde: 
Martes, 20 Julio, 2021
Válido hasta: 
Jueves, 30 Septiembre, 2021