Axudas dirixidas a impulsar a transformación dixital da industria española no marco do proxecto Industria conectada 4.0 - 2021


  • 23/11/2021
  • 22/12/2021
Accede desde aquí

BDNS 595155 - Axudas dirixidas a impulsar a transformación dixital da industria española no marco do proxecto Industria conectada 4.0 - 2021

Data de publicación: 23/11/2021 (DOG)

Data inicio de solicitude: 15/11/2021

Data remate de solicitude: 22/12/2021


Aviso importante! Publicado no Boletín Oficial do Estado a ampliación do prazo de presentación de solicitudes ata o 22 de decembro de 2021.

- Acceso publicación BOE -


Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas dirixidas a impulsar a Transformación Dixital da Industria Española e dotar ás empresas da Comunidade Autónoma Galega de estratexia, iniciativas e accións que lles axuden nesa transformación no marco do Proxecto Industria Conectada 4.0 de acordo co previsto na Orde EIC/743/2017, de 28 de xullo e modificada pola Orde ICT/818/2020, de 10 de agosto.

Características da axuda

Estas axudas de minimis teñen por obxecto o impulso da transformación dixital da industria española a través das empresas industriais.

As axudas en especie obxecto desta convocatoria consisten na recepción dun asesoramento especializado e individualizado que incluirá un diagnóstico da situación de partida da empresa beneficiaria e a elaboración dun plan de transformación dixital.

O asesoramento prestarase a través de reunións individualizadas coas empresas beneficiarias e a realización de obradoiros temáticos e demostrativos de apoio ao asesoramento, cun mínimo de 50 horas de asesoramento individualizado. O dito asesoramento terá a condición de axuda en especie.

A empresa beneficiaria recibirá dentro do asesoramento especializado os seguintes servizos:

a) Diagnóstico previo da situación dixital de partida da empresa e unha análise interna da organización e do negocio.

b) Plan de transformación que incluirá a definición das actuacións do plan, a cuantificación e priorización de oportunidades de dixitalización e un benchmarking de habilitadores.

c) Visitas necesarias ás instalacións da industria beneficiaria. No caso de que as visitas ás instalacións non se poidan realizar por causa xustificada, poderán realizarse de forma virtual logo da autorización da Fundación EOI.

d) Obradoiros demostrativos de contido práctico, que acerquen as solucións dixitais ás empresas industriais beneficiarias do asesoramento.

Persoas beneficiarias

Poderán ter a condición de empresas beneficiarias as empresas que teñan o seu domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica (xa sexan persoas físicas ou xurídicas, asociacións, entidades sen ánimo de lucro, etc.) que, na súa condición de tales, desenvolven ou van desenvolver unha actividade industrial produtiva se o seu obxecto social se refire a actividades encadradas na sección C‑divisións 10 a 32 da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE 2009), aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril.


Publicación DOG

Válido desde: 
Martes, 23 Noviembre, 2021
Válido hasta: 
Miércoles, 22 Diciembre, 2021