Subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol Economía social) II - 2022


  • 21/01/2022
  • 30/09/2022
Accede desde aquí

TR802J - Subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol Economía social) Programa II - 2022

Data de publicación: 21/01/2022

Data inicio de solicitude: 22/01/2022

Data remate de solicitude: 30/09/2022

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais e realizar á súa convocatoria para o ano 2022.

En concreto, o Programa II está dirixido a fomentar o acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas. Este acceso facilítase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia.

Características da axuda

As subvencións previstas neste programa poderán ascender ás contías seguintes:

a) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 28.1, alíneas a), b) c) e d), e no artigo 28.2, ata 6.000,00 €.

b) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 28.1, alínea e), ata 3.000,00 €.

As contías sinaladas no punto anterior incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:

a) Un 25 % se a persoa beneficiaria é unha muller.

b) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten discapacidade ou se encontra en situación ou risco de exclusión social.

c) Un 25 % se a persoa incorporada ten unha discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral que cumpra as condicións definidas no artigo 5.d) da orde.

d) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten máis de 45 anos.

e) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten a condición de emigrante retornada.

f) Un 25 % se a persoa ten a condición de trans.

g) Un 25 % no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.

h) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.

As contías referidas nos anteriores puntos en ningún caso poderán ser superiores ás que subscriba o socio ou a socia en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, ou de accións ou participacións sociais, segundo o caso, pola súa incorporación. 

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias deste programa de subvencións as persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia e que no momento da súa incorporación cumpran algunha das condicións seguintes:

a) Ser persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.

b) Ser persoas socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.

c) Ser persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.

d) Ser persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.

e) Ser persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial que accedan á mesma condición a tempo completo.

Tamén poderán ser beneficiarias as persoas que, sendo desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen nunha cooperativa como persoas socias con carácter indefinido, con compromiso de exclusividade, para comercializaren os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen, sempre que teñan o seu domicilio social e fiscal en Galicia. A incorporación como persoa socia na cooperativa deberá producirse dentro do período de execución establecido no artigo 35 desta orde. Entre o inicio da actividade por conta propia e a dita incorporación non poden ter transcorrido máis de dous anos.


Publicación DOG Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 21 Enero, 2022
Válido hasta: 
Viernes, 30 Septiembre, 2022