Axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a RSE - Liña III Certificacións de RSE - 2022


  • 04/02/2022
  • 04/03/2022
Accede desde aquí

TR357B - Axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a RSE - Liña III Certificación RSE - 2022

Data de publicación: 04/02/2022

Data inicio de solicitude: 05/02/2022

Data remate de solicitude: 04/03/2022

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo para implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE).

Poderán ser subvencionables as accións para as que se concede a axuda ou incentivo que se realicen entre o día 1 de xaneiro de 2022 e ata a data de final do prazo de xustificación das actividades establecido.

Características da axuda

Nesta Liña III Certificacións RSE subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: empresa familiarmente responsable-EFR (conciliación), Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Globlal Compact (pacto mundial); ISO 19600, SGE 21, Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente), SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable, así mesmo selo horarios racionais (SHR).

A contía da axuda será o pagamento do 80 % dos custos que leve consigo o proceso da certificación ou verificación cun máximo de 2.000 € por empresa.

Persoas beneficiarias

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

Para esta liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.

Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude.


Publicación DOG

Publicación corrección DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 4 Febrero, 2022
Válido hasta: 
Viernes, 4 Marzo, 2022