Axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i - 2022


  • 09/04/2022
  • 09/05/2022
Accede desde aquí

IN858A - Axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i (Talento Senior) - 2022

Data de publicación: 08/04/2022

Data inicio de solicitude: 09/04/2022

Data remate de solicitude: 09/05/2022

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas do programa Talento sénior, da Axencia Galega de Innovación, dirixidas ás empresas e aos organismos de investigación non universitarios en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo de tres (3) anos de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

Este programa ten entre os seus obxectivos a atracción e o retorno de persoal investigador doutor ou profesionais de alta cualificación con máis de cinco (5) anos de experiencia profesional para desenvolveren a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación, así como estimular a demanda no sector público e privado de profesionais de alta cualificación para acometer proxectos de I+D+i.

Características da axuda

Serán subvencionables as contratacións de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia, que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2022 ata o 1 de outubro de 2022, ambas incluídas, coas seguintes características:

a) As actividades de I+D+i que realice o persoal de alta cualificación contratado deberanse desenvolver en centros de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e estar aliñadas cos retos e as prioridades estratéxicas establecidas na RIS3 para Galicia.

b) O contrato de traballo que se formalice deberá ter unha duración mínima de 36 meses e deberá ser a tempo completo.

c) A retribución salarial anual bruta que percibirá cada profesional de alta cualificación contratado deberá figurar expresamente no contrato e non poderá ser inferior a 40.000 euros.

d) O persoal de alta cualificación contratado deberá cumprir, no momento formalizar o contrato, as seguintes requisitos:

1º. Estar en posesión dunha das seguintes titulacións: título universitario medio ou superior (titulación de grao): licenciado, enxeñeiro, arquitecto, graduado, diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, expedido por centros oficiais de titularidade pública ou privada homologados. No caso de estar en posesión dun título obtido nun país estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou validación.

2º. Ter experiencia laboral correspondente á súa titulación, superior a cinco (5) anos no grupo de cotización 1 e/ou 2, e certificados das entidades nas cales traballou en proxectos de I+D+i. No caso de persoal de alta cualificación estranxeiro, admitiranse certificados de empresa.

3º. No caso de profesionais de alta cualificación estranxeiros, a entidade contratante comprometerase a axudar os profesionais nos trámites de visado e permiso de traballo. O contrato será efectivo só cando o persoal de alta cualificación seleccionado poida traballar legalmente en España.

4º. Non ter sido anteriormente contratado entre o 1 de xuño de 2020 e o 1 de xaneiro de 2022 pola entidade solicitante ou empresas vinculadas a ela.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

a) As empresas, de calquera tamaño, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.

b) Os organismos de investigación públicos ou privados non universitarios galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i..


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Sábado, 9 Abril, 2022
Válido hasta: 
Lunes, 9 Mayo, 2022