Axudas ao deseño para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade das empresas (Programa DeseñaPeme) - 2022


  • 22/04/2022
  • 23/05/2022
Accede desde aquí

IG848E - Axudas ao deseño para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade das empresas (Programa DeseñaPeme) - 2022

Data de publicación: 21/04/2022

Data inicio de solicitude: 22/04/2022

Data remate de solicitude: 23/05/2022

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas, destinadas ao financiamento de proxectos de deseño, para a mellora das capacidades de innovación e sustentabilidade das empresas en Galicia, a través do impulso da xestión do deseño estratéxico de produtos, servizos e marcas e identidades corporativas, aliñados coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia (programa DeseñaPeme).

O seu obxectivo é incorporar o deseño estratéxico nas pemes beneficiarias, os seus procesos e o pensamento creativo propio do deseño, na xestión do negocio, mellorando a posición das empresas, e fomentar entre elas a adopción do deseño no marco empresarial como un valor estratéxico, que proporciona innovación aos produtos e aos servizos, aos soportes en que estes se presentan ao mercado, e que contribúe a fixar unha imaxe das empresas diferenciada e moderna, nun contorno cada vez máis competitivo e globalizado.

Características da axuda

Nestas axudas diferéncianse tres ámbitos do deseño segundo o tipo de proxecto que se vaia poñer en marcha nas empresas beneficiarias:

1. Deseño de produto.

2. Deseño de servizos/experiencias.

3. Deseño de marca e identidade corporativa.

Serán actividades subvencionables aquelas incluídas no Proxecto de deseño para a innovación e sustentabilidade, que deberá reunir, como mínimo, as seguintes características:

a) Introduciranse un conxunto de actividades que constitúan un conxunto completo e homoxéneo de fases que permita implementar ou incrementar as capacidades de deseño da empresa solicitante.

b) As fases, coas súas actividades correspondentes, incluídas no Proxecto de deseño para a innovación e sustentabilidade relativas a cada un dos ámbitos de deseño obxecto desta convocatoria, deben implicar o desenvolvemento das opcións desagregadas, tal e como se describe a continuación:

1) Deseño de produto.

Concepción e desenvolvemento de produtos, que se perciban no mercado como novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial. Os proxectos que se presenten nesta liña deberán expoñer o deseño ou redeseño dun só produto ou dunha soa gama concreta de produto.

2) Deseño de servizos e experiencias.

Concepción e desenvolvemento de servizos e experiencias, que se perciban no mercado como novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial.

3) Deseño de marca e identidade corporativa.

Este ámbito do deseño ten como obxectivo formular a identidade corporativa e marca das empresas e a súa interrelación cos seus produtos e servizos e do deseño como parte significativa delas.

A contía máxima da axuda que pode ser concedida para cada proxecto de deseño determinarase sobre o investimento subvencionable de cada beneficiaria e será conforme aos límites de intensidade de acordo coa seguinte táboa:

Modalidade Investimento Subvención Intensidade
Subvención non reembolsable De 10.000€ a 200.000€ De 5.000€ a 100.000€ 50%

 

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda.

As beneficiarias deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no Documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto na Resolución.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 22 Abril, 2022
Válido hasta: 
Lunes, 23 Mayo, 2022