Subvencións a establecementos e servizos turísticos nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade - 2022
- 10/05/2022
- 10/06/2022
-
Etapa
TU970A - Subvencións a establecementos e servizos turísticos nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade - 2022
Data de publicación: 10/05/2022
Data inicio de solicitude: 11/05/2022
Data remate de solicitude: 10/06/2022
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do ICTE no ano 2022.
Características da axuda
Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes ao ano 2022 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2022.
Concretamente:
Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación correspondente ao ano 2022.
Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2022, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.
A porcentaxe máxima de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase en base a puntuación que alcancen os proxectos presentados, segundo se detalla a continuación:
Puntuación | Intensidade |
---|---|
51 - 100 puntos | 70% |
31 - 50 puntos | 65% |
0 - 30 puntos | 60% |
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións:
Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local.
Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.