Axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros - 2023


  • 13/01/2023
  • 13/02/2023

PE120 - Axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros - 2023

Data de publicación: 13/01/2023

Data inicio de solicitude: 14/01/2023

Data remate de solicitude: 13/02/2023

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas destinadas á realización de actuacións por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

Os códigos dos procedementos administrativos regulados por esta orde son os seguintes:

– PE120A, para axudas que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies.

– PE120B, para axudas que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros.

– PE120C, para axudas en eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático.

– PE120E, para axudas que aumenten o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización de capturas non desexadas.

Características da axuda

As axudas terán como finalidade realizar investimentos:

– Que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies (procedemento PE120A).

– Que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros (procedemento PE120B).

– En eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático (procedemento PE120C).

– Que aumenten o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización de capturas non desexadas (procedemento PE120E). 

 As axudas reguladas nesta orde teñen o carácter de subvencións de capital e non constitúen axudas de Estado.

Nas axudas cuxa finalidade sexa a realización dun investimento, o importe do investimento subvencionable será o que se obteña da valoración das obras ou investimentos con criterios técnico-económicos, obxectivos e homoxéneos, de acordo cos informes emitidos.

A contía máxima da axuda será o 50 % do investimento máximo subvencionable a que se refire no paragrafo anterior, excepto nos casos en que o buque sexa de pesca costeira artesanal, que será do 80 %; pero en calquera caso, cando se trate de substitución ou modernización de motor, sempre será do 30 %. Se o beneficiario non é peme a axuda será do 30 %. 

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidade de bens que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ser propietario dun buque de 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques e Empresas Navieras.

2. O buque debe ter o seu porto base na Comunidade Autónoma de Galicia e atoparse de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.

3. O buque para o cal se solicita axuda debe constituír un seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.

4. No caso de buques cuxa primeira venda dos produtos que captura sexa en fresco e, polo tanto, obrigatoria en lonxa, o volume de vendas que se obteña da suma das notas de venda durante o ano anterior ao da convocatoria deberá ser superior ao 50 % da media obtida para ese porto base e polo segmento de frota que figura no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia (RBPG).

5. No caso de buques para os cales a primeira venda dos produtos que captura non sexa obrigada en lonxa, o buque debe dispoñer da autorización para realizar a devandita venda e debe transmitila ao órgano competente.

6. O buque non pode ter unha resolución desfavorable de regularización, salvo que, posteriormente, se regularizase, para o que deberá asinar o anexo IV publicado.

7. Os investimentos para os cales se solicite axuda non poderán estar iniciados nin pagados antes de que se acredite o non inicio deles, nos termos indicados na orde.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica PE-120A

Ficha informativa sede electrónica PE-120B

Ficha informativa sede electrónica PE-120C

Ficha informativa sede electrónica PE-120E

Válido desde: 
Viernes, 13 Enero, 2023
Válido hasta: 
Lunes, 13 Febrero, 2023