Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas - 2023


  • 13/04/2023
  • 29/09/2023

PR937A - Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas - 2023

Data de publicación: 13/04/2023

Data de inicio solicitude: 14/04/2023

Data de remate solicitude: 29/09/2023

Obxecto

Esta Resolución ten por finalidade conceder axudas para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Características da axuda

Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e da súa descendencia que se establezan na Comunidade Autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 6.000 euros.

O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:

a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 3.000 euros.

O importe máximo da subvención concedida será de 10.000 euros.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Válido desde: 
Jueves, 13 Abril, 2023
Válido hasta: 
Viernes, 29 Septiembre, 2023