Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas - 2023


  • 05/05/2023
  • 15/09/2023

IN417Y - Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas - 2023

Data de publicación: 05/05/2023

Data de inicio solicitude: 10/05/2023

Data de remate solicitude: 15/09/2023

Obxecto

Esta Orde ten por finalidade conceder as axudas para a realización de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos.

Características da axuda

Poderán ter dereito a subvención os proxectos de aforro e eficiencia enerxética que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda e rematará no prazo previsto no artigo 26 das bases.

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética subvencionables:

a) Serán elixibles os custes de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética. Determinarase do seguinte xeito:

1º. Cando os custos do investimento en eficiencia enerxética poidan identificarse nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa eficiencia enerxética serán subvencionables.

2º. En todos os demais casos, os custos do investimento en eficiencia enerxética determinaranse por referencia a un investimento similar, que implique menor eficiencia enerxética, que se podería realizar de xeito crible sen a axuda. A diferenza entre o custo de ambos investimentos determinará o custo relacionado coa eficiencia enerxética e será o custo subvencionable.

Os custos dos proxectos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionados.

b) Serán subvencionables aqueles proxectos con ratios de aforro enerxético anual iguales ou superiores aos indicados na seguinte táboa para cada liña:

 

Denominación da liña Proxectos subvencionables
PAPEME. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguales ou superiores a 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible.
PAGE. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguales ou superiores a 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible.
PAE. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguales ou superiores a 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI.
PAP. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguales ou superiores a 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible.

Os investimentos só poderán ser subvencionados sobre a base dunha auditoría enerxética (no caso de actuacións integrais de edificios substituirase a auditoría enerxética polo certificado de eficiencia enerxética cando este sexa de aplicación ao edificio), cuxos resultados se plasmarán na memoria técnica da solicitude.

Para contribuír á comprobación dos resultados enerxéticos obtidos será subvencionable a implantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociadas ás actuacións de aforro para as cales se solicita axuda. Será subvencionable a realización de auditorías enerxéticas que inclúan en detalle a actuación subvencionada salvo que se trate dunha auditoría obrigatoria conforme a normativa vixente.

A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000,00 € por actuación, o IVE non está incluído.

Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude recollerá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas executadas nunha mesma localización e que se valorarán de xeito conxunto.

Considéranse actuacións homoxéneas que deben recollerse nunha única solicitude: todas as actuacións de iluminación que se realicen no centro de traballo e a renovación de varios equipos para o mesmo fin. Tamén se considerará actuación homoxénea a mellora integral dun edificio cando este estea incluído no ámbito de aplicación da normativa vixente de certificación enerxética e exista metodoloxía de cálculo recoñecida para a súa certificación.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias da subvención, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases:

a) As empresas legalmente constituídas e as persoas empresarias autónomas, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a entidades incluídas no ámbito de actuación destas bases e, en concreto, das actividades recollidas na alínea a).

Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha entidade das indicadas na alínea a) e deberán contar en todo caso co visto e prace do titular da instalación, por se a concesión da axuda dese lugar á modificación do contrato existente entre ambas as partes.

Válido desde: 
Viernes, 5 Mayo, 2023
Válido hasta: 
Viernes, 15 Septiembre, 2023