Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) - 2023


  • 30/05/2023
  • 29/09/2023
Accede desde aquí

TR340E - Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT - 2023

Data de publicación: 30/05/2023

Data de inicio solicitude: 31/05/2023

Data de remate solicitude: 29/09/2023

Infografía informativa

Obxecto

Esta Orde ten por finalidade establecer as bases e convocar os incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade, que se produzan e realicen entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan a Orde para cada modalidade de axuda.

Características da axuda

As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas, dentro do primeiro ano de actividade:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

Os postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os das propias persoas promotoras, creados nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia antes de transcorrer un ano desde a data de inicio da actividade e que sexan ocupados por persoas desempregadas.

b) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

Esta modalidade de axuda financiará parcialmente os gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade. O importe máximo desta axuda determinarase en atención ao número de postos de traballo estables creados e subvencionados durante o primeiro ano de actividade.

c) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Co obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras concederase unha subvención para sufragar o custo dos servizos de gardaría ou das persoas coidadoras para aquelas persoas promotoras que teñan fillos ou fillas menores de 12 anos.

Co mesmo obxecto de favorecer a conciliación da vida familiar das persoas promotoras concederase unha subvención para atender ao custo do centro ou dos servizos de coidado de persoas maiores de 70 anos e/ou dependentes (graos I, II e III) ou con un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre que respecto das cales acredite a súa relación de parentesco e a acreditación da convivencia no mesmo domicilio, como mínimo durante os tres meses anteriores á data da solicitude.

d) Apoio á función xerencial.

Para axudar a persoa promotora ou empresarios e empresarias na toma de decisións necesarias para o bo funcionamento da empresa poderase financiar o apoio á función xerencial.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada modalidade de axuda.

Para poder acceder ás distintas modalidades de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas.

Válido desde: 
Martes, 30 Mayo, 2023
Válido hasta: 
Viernes, 29 Septiembre, 2023