Subvencións ao sector turístico para a promoción da dixitalización - 2023


  • 05/07/2023
  • 07/08/2023
Accede desde aquí

TU503C -  Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres - 2023

Data de publicación: 5 de xullo de 2023

Data de inicio solicitude: 6 de xullo de 2023

Data de finalización solicitude: 7 de agosto de 2023

Obxecto

As axudas reguladas por esta Resolución teñen por obxecto promover o desenvolvemento tecnolóxico e o proceso de transformación dixital das empresas turísticas a través da incorporación de solucións dixitais aos seus establecementos, servizos e procesos, coa finalidade de mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias do sector turístico.

Características da axuda

Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a persoa solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2023 (en ningún caso se admitirán facturas nin xustificantes de pagamento que non estean comprendidos entre esas datas) con respecto aos conceptos seguintes:

1. Gastos derivados da transformación dixital.

2. Gastos de equipamento tecnolóxico necesarios para os indicados no punto anterior. En todo caso, queda excluída a telefonía. Estes gastos de equipamento tecnolóxico asociados aos indicados no punto 1 non poderán superar o 10 % do investimento subvencionable.

1.3. Gastos de aloxamento ou servizos na nube necesarios para os gastos indicados no punto 1

4. Gastos derivados da creación do produto e /ou comercialización do destino Galicia.

O importe da subvención será do 80 % do investimento subvencionable. O investimento máximo subvencionable será de ata 15.000,00 euros por persoa beneficiaria, polo que a axuda máxima será de 12.000,00 euros.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de empresas de aloxamento turístico, de restauración e de axencias de viaxes que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia e que teñan inscrito e autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares) que se enmarquen dentro do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

c) As axencias de viaxes que se enmarquen dentro do artigo 83 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Válido desde: 
Miércoles, 5 Julio, 2023
Válido hasta: 
Lunes, 7 Agosto, 2023