Axudas a startups - 2024


  • 11/12/2023
  • 30/09/2024
Accede desde aquí

IG408G -  Axudas a startups - 2024

Data de publicación: 01/12/2023

Data de inicio solicitude: 02/01/2024 ás 08:00 h.

Data de remate solicitude: 30/09/2024 ás 14:00 h.

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases reguladoras das axudas do Igape para fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia, subvencionando os gastos e investimentos en que incorran desde o 1 de xaneiro de 2024 ata a data da solicitude de axuda e convocar para o ano 2024 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

A presente convocatoria finánciase con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Poderán ser subvencionables calquera gasto ou investimento en que incorra a startup desde o 1 de xaneiro de 2024 ata a data da solicitude de axuda. O importe mínimo de gasto subvencionable deberá acadar 10.000 €.

Os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, deberán ser novos, adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria e deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores (enténdese que existe vinculación entre empresas se responden á definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014).

Os investimentos deberán manterse na empresa beneficiaria durante un período mínimo de 3 anos contados desde a data da resolución de concesión da axuda.

Concederase unha axuda do 100 % ata un máximo de 20.000 € para os gastos realizados (devindicados e pagados) pola startup durante o período subvencionable.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia e que ademais no momento de solicitar a axuda cumpran, polo menos, unha das seguintes condicións:

  • Dispor da certificación de ENISA prevista na Lei 28/2022.
  • Acreditar a cualificación de Iniciativa de emprego de base tecnolóxica da Xunta de Galicia (EIBT).
  • Ter participado nalgún proceso de aceleración en iniciativas con participación pública da Xunta de Galicia no seu desenvolvemento (Viagalicia, BFAuto, BFAero, BFFood, Turislab, Galicia Avanza).
  • Acreditar mediante certificado para o efecto emitido polo centro de orixe o carácter de Spin-off das universidades, dos centros de formación profesional ou de centros tecnolóxicos.
  • Estar inscritas no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Ciencia e Innovación.
  • Dispor da certificación EA 0047:2015 ou EA 0043:2015 de peme innovadora ou xove empresa innovadora, respectivamente.
  • Dispor da marca EIBT de empresa innovadora de base tecnolóxica outorgada pola Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas e Innovación (ANCES).

NOTA:

Consideraranse startups, de acordo coa definición contida no artigo 3 da Lei 28/2022, do 21 de decembro, de fomento do ecosistema das empresas emerxentes, toda persoa xurídica, incluídas as empresas de base tecnolóxica creadas ao abeiro da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, de recente creación: que non transcorresen máis de cinco anos desde a data de inscrición no Rexistro Mercantil, ou rexistro de cooperativas competente, da escritura pública de constitución, con carácter xeral, ou de sete no caso de empresas de biotecnoloxía, enerxía e industriais, e que reúna as condicións especificadas nese artigo respecto da innovación e escalabilidade.


Publicación DOG

Ficha sede electrónica

Válido desde: 
Lunes, 11 Diciembre, 2023
Válido hasta: 
Lunes, 30 Septiembre, 2024