Axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas - Galicia Exporta Empresas - 2024
- 03/01/2024
- 05/02/2024
-
Etapa
IG622A - Axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas - Galicia Exporta Empresas - 2024
Data de publicación: 03/01/2024
Data de inicio solicitude: 04/01/2024
Data de remate solicitude: 05/02/2024
Obxecto
Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases reguladoras e a convocatoria axudas para incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.
Características da axuda
Serán subvencionables os seguintes tipos de gastos:
Custos directos: determinados con base no seu custo real, que se corresponden cos descritos nas alíneas a), b), c) e d) seguintes.
a) Accións de difusión.
1. Campañas de publicidade en prensa, revistas, radio, ou televisión, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.
2. Campañas ou insercións publicitarias en catálogos físicos ou dixitais e/ou en páxinas web de importadores / distribuidores do estranxeiro.
3. Elaboración de catálogos físicos ou virtuais para a súa difusión en mercados estranxeiros.
b) Accións de promoción.
1. A participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros.
2., A participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional organizados por terceiros non vinculados á empresa solicitante nin empresarial nin comercialmente.
3. Visitas promocionais á sede da empresa en Galicia de clientes.
c) Accións de prospección en mercados internacionais.
1. Axendas de reunións de carácter presencial.
2. Análise de competencia no estranxeiro.
3. Accións de seguimento de contactos ou de clientes xa existentes no estranxeiro para a consolidación do negocio e a implantación promocional en destino.
d) Accións de operatividade da internacionalización.
Xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, homologacións e rexistros de marcas e patentes de produtos e servizos para o estranxeiro (inclúense os códigos fonte / códigos obxecto).
Custos indirectos: determinados mediante un método de custo simplificado consistente nun tipo fixo do 7 % dos custos directos subvencionables, de conformidade co establecido na alínea a) do artigo 54 do RDC e que se corresponde co descrito a continuación.
Aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables, que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada, pero resultan necesarios para a súa realización, entre os que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministración (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza.
O gasto mínimo subvencionable do proxecto, excluídos os custos indirectos, terá que alcanzar a cantidade de 3.200 euros (IVE excluído).
A contía da axuda será dunha subvención do 70 % dos custos directos subvencionables relacionados nas letras a), b) c) e d).
Ademais, engádese a subvención dos custos indirectos do proxecto, correspondente a un tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables ao abeiro do disposto no artigo 54.a) do RDC.
Para as accións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 95.000 € por solicitude e persoa beneficiaria.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, incluídas as persoas traballadoras autónomas, que cumpran coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, no que teñan polo menos unha persoa traballadora por conta allea, na data de publicación no DOG desta axuda, salvo que a empresa tivera menos de 42 meses de antigüidade na data de publicación desta axuda e que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013 (a solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do final do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192).