Axudas para a atracción de empresas a Galicia - 2024


  • 19/01/2024
  • 30/09/2024

IG408H - Axudas para a atracción de empresas a Galicia - 2024

Data de publicación: 19/01/2024

Data de inicio solicitude: 22/01/2024

Data de remate solicitude: 30/09/2024

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

I.1. Proxectos de investimento empresarial cun investimento subvencionable entre 800.000 € e 10.000.000 €.

I.2. Proxectos de investimento igual ou superior a 100.000 €, cunha creación de emprego de 25 ou máis postos de traballo de carácter indefinido a tempo completo.

No anexo I das bases desenvólvense, nun cadro de especificacións, os requisitos, condicións e as características de cada unha destas modalidades.

Os proxectos de investimento obxecto de apoio deberán responder a algunha das tipoloxías de proxecto subvencionables establecidas na letra A das especificacións xerais para ambas modalidades do anexo I.

Características da axuda

Serán subvencionables os investimentos proxectados ou o emprego que se vaia crear para o desenvolvemento de calquera actividade económica.

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, ou alternativamente os custos salariais do emprego para crear, que estean vinculados ao proxecto para o cal se solicita a axuda e que se materialicen nos conceptos e cos requisitos que se relacionan no punto 1.B) do anexo I, cadro de especificacións.

Os activos adquiridos deberán ser novos, excepto para a adquisición de construcións ou inmobles nos casos e cos requisitos en que así se prevexa expresamente no punto 1.B) do cadro de especificacións do anexo I.

A adquisición de activos pertencentes a un establecemento que pechou ou que pecharía se non se adquirise será subvencionable sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador;

b) Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención ou axuda pública, e

c) Que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares, aspectos que se acreditarán mediante certificación de taxador independente.

A persoa beneficiaria deberá realizar unha achega financeira mínima do 25% dos custos subvencionables mediante os seus propios recursos ou mediante financiamento externo, exenta de calquera tipo de axuda pública.

O período de execución dos investimentos subvencionables ou, de ser o caso, da creación de emprego abranguerá desde a data de presentación da solicitude ata a data de remate do prazo establecido na resolución de concesión. Con carácter xeral, rematará dentro dos 24 meses seguintes á data de notificación da resolución de concesión.

A contía da axuda será a indicada para cada modalidade no anexo I, na letra 1.A) do cadro de especificacións.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas bases desta subvención.

Válido desde: 
Viernes, 19 Enero, 2024
Válido hasta: 
Lunes, 30 Septiembre, 2024