Axudas destinadas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL-Emprende Investimento) - 2024


  • 19/01/2024
  • 22/02/2024

BDNS 739461 - Axudas destinadas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL-Emprende Investimento) - 2024

Data de publicación: 19/01/2024

Data de inicio solicitude: 22/01/2024

Data de remate solicitude: 22/02/2024

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas para contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 10.000 habitantes a través do apoio ao investimento en bens inventariables de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas en calquera das modalidades xurídicas existentes.

Características da axuda

Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña, aqueles gastos que resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento da/s actividade/s subvencionada/s dada/s de alta no Certificado de situación censual presentado no momento da solicitude e que se atopen dentro dos seguintes códigos de concepto de gasto:

Conta contable Descrición da conta
206

Aplicacións informáticas

Nesta conta considerarase exclusivamente o importe satisfeito pola propiedade ou polo dereito ao uso de programas informáticos adquiridos a terceiros.

213

Maquinaria

Conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante os cales se realiza a extracción, elaboración dos produtos ou prestación de servizos.

216

Mobiliario

Mobiliario, material e equipos de oficina, coa excepción dos que deban figurar na conta 217.

217

Equipos para procesos de información

Computadores e demais conxuntos electrónicos.

Os investimentos subvencionables serán aqueles realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024. Os xustificantes de gasto terán que estar expedidos no período sinalado, aínda que os pagos poderán realizarse como data límite ata a presentación da xustificación da axuda.

As entidades poderán presentar un orzamento mínimo de gasto* de 3.500,00€ e un máximo de 25.000,00€, do cal poderán solicitar, como máximo, o 70% de subvención.

(*) No orzamento do gasto se considerará excluído o IVE no caso de que sexa susceptible de recuperación ou compensación pola entidade.

O importe da subvención a conceder será dun mínimo de 2.450,00€ e un máximo de 17.500,00€.

Persoas beneficiarias

Estas axudas van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, promotoras de iniciativas empresariais que estean desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro e reúnan os seguintes requisitos con anterioridade á data de fin de presentación das solicitudes:

- Ter o domicilio fiscal e como mínimo un centro de traballo(*) nun concello da provincia da Coruña con poboación inferior a 10.000 habitantes conforme os datos máis recentes dispoñibles no Instituto Galego de Estadística e segundo o recollido no Certificado de situación censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

(*) Poderán ser subvencionados aqueles solicitantes que non dispoñan de centro de traballo sempre que conste no Certificado de Situación Censual que a actividade se desenvolve fora dun local determinado ou non conste onde se desenvolve).

- No caso de persoas autónomas, estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, á data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

- No caso de persoas xurídicas, que a data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición no Rexistro público correspondente, sexa anterior á data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

Válido desde: 
Viernes, 19 Enero, 2024
Válido hasta: 
Jueves, 22 Febrero, 2024