para procesos de 1ª certificación y/o renovación de la marca Q (4.000,00 euros si incluyen proceso de la marca S) y de 2.000,00 euros para procesos de seguimiento (3.000,00 euros si incluyen proceso de la marca S). En el caso de solicitar únicamente 1ª ce
- 07/06/2024
- 08/07/2024
-
Etapa
TU970A - Subvencións a establecementos e servizos turísticos nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade e/ou a marca S de Sustentabilidade Turística - 2024
Data de publicación: 06/06/2024
Data inicio de solicitude: 07/06/2024
Data remate de solicitude: 08/07/2024
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou da marca S de Sustentabilidade Turística do ICTES no ano 2024.
Características da axuda
Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q e/ou da marca S de Sustentabilidade Turística do ICTES, correspondentes ao ano 2024 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2024.
Concretamente:
Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTES para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación correspondente ao ano 2024.
Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q e/ou da marca S no ano 2024, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTES ao establecemento.
A porcentaxe máxima de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase en base a puntuación que alcancen os proxectos presentados en relación cos criterios de valoración establecidos na convocatoria, segundo se detalla a continuación:
Puntuación | Intensidade |
---|---|
71 - 100 puntos | 70% |
41 - 70 puntos | 65% |
0 - 40 puntos | 60% |
En calquera caso, as subvencións concedidas non poderán superar os seguintes límites máximos:
- 2.000,00 euros para os procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q (3.000,00 euros se inclúen proceso da marca S) e 1.500,00 euros para procesos de seguimento (2.500,00 euros se inclúen proceso da marca S). No caso de solicitar unicamente 1ª certificación e/ou renovación da marca S, 1.000,00 euros.
- Para as solicitudes cuxa auditoría externa se realice mediante a modalidade multisite, o importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 3.000,00 euros para procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q (4.000,00 euros se inclúen proceso da marca S) e de 2.000,00 euros para procesos de seguimento (3.000,00 euros se inclúen proceso da marca S). No caso de solicitar unicamente 1ª certificación e/ou renovación da marca S, 1.000,00 euros.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións:
Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local.
Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.