Axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial para o ano 2025, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
- 14/01/2025
- 31/10/2025
-
Etapa
IG408M - IA360. Axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial para o ano 2025, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
Data de publicación: 14/01/2025
Data inicio de solicitude: 22/01/2025
Data remate de solicitude: 31/10/2025
Obxecto
Apoiar ás pemes e grandes empresas de Galicia no desenvolvemento tecnolóxico e a innovación a través do uso da Intelixencia Artificial, subvencionando as seguintes tipoloxías de proxectos clasificados en:
Liña A: Desenvolvemento de tecnoloxía para a mellora da actividade económica e industrial e para a comercialización de novos produtos e servizos baseados en Intelixencia artificial.
Liña B: Proxectos de implantación e aplicación de servizos e/o solucións comerciais baseadas en Intelixencia Artificial para mellorar a competitividade das empresas de Galicia, e proxectos no marco da xestión estratéxica do dato para acelerar a adopción de solucións baseadas en Intelixencia Artificial.
Liña C: Proxectos de formación en Intelixencia Artificial en empresas de Galicia, para mellorar a súa capacitación, competitividade e integración da Intelixencia Artificial nas súas cadeas de valor.
Características da axuda
Os conceptos subvencionables para a Liña A, Liña B e Liña C quedan definidos, respectivamente, no artigo 21, artigo 24 e artigo 27 das bases. Ningunha subvención concedida no marco do presente Programa poderá estar condicionada á utilización de produtos domésticos en lugar de produtos importados.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas de calquera sector galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción, cando resulte de aplicación a cada Liña o Regulamento (UE) 2023/2831 (Regulamento de minimis), das actividades excluídas por este:
- A produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura.
- A produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros.
Asemade, non poderán ser consideradas como persoas beneficiarias todas aquelas empresas que se dediquen a sectores especificamente excluídos en materia de investigación, desenvolvemento e innovación polo Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado pertinente a efecto do EEE.