Axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova)


  • 15/01/2025
  • 24/02/2025
Accede desde aquí

IG408L - Axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova)

Data de publicación: 14/01/2025

Data inicio de solicitude: 22/01/2025

Data remate de solicitude: 24/02/2025

Obxecto

A concesión de axudas destinadas a pequenas e medianas empresas (pemes) e grandes empresas con centro de traballo en Galicia, co obxectivo de incrementar a capacidade innovadora das mesmas, mediante a introdución de innovacións significativas que incrementen a súa competitividade, a través da aplicación do deseño, da xeración e incorporación de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinadas á mellora de procesos e á creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido.

Igape Innova financiará actividades integradas en plans de deseño e innovación, segundo a súa finalidade, mediante as seguintes liñas de actuación:

- Liña 1. Plans de innovación en procesos e organización.

- Liña 2. Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade.

Características da axuda

Poderán presentarse solicitudes a unha ou ambas as dúas liñas da presente resolución.

Cada liña recollerá actividades diferenciadas que estarán incluídas en plans de innovación en procesos e organización (no caso da Liña 1) e en plans de deseño para a innovación (no caso da Liña 2).

As actividades que se subvencionan para cada unha das liñas serán as indicadas no artigo 1 da presente convocatoria.

Os plans reunirán, necesariamente, as seguintes características:

a) Constituirán un conxunto completo e coherente de actividades para cada unha das liñas, incluídas nas respectivas memorias descritivas da solicitude, e permitirán implementar e/ou incrementar as capacidades innovadoras e de deseño da empresa solicitante.

b) O orzamento subvencionable para cada plan será dun mínimo de 50.000 euros e dun máximo de 250.000 euros por plan. A presentación dun plan cun orzamento fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.

c) A duración máxima de cada plan será ata o 30 de outubro de 2026; a presentación dun plan cunha duración fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.

Soamente se financiarán as actividades desenvolvidas na Comunidade Autónoma galega.

Será requisito indispensable para ser elixible o aliñamento do proxecto cos retos, prioridades e ámbitos de priorización da Estratexia de Especialización de Galicia (RIS3).

De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) 651/2014, considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador. O comezo do plan terá como data mínima de inicio a data de solicitude, polo que calquera actividade ou investimento terá que ser executado con posterioridade á solicitude.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas galegas (en diante, pemes) ou cun centro de traballo en Galicia para as liñas 1 e 2 e as grandes empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia para a liña 2.

Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que, á data da solicitude, respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 e con forma xurídica de sociedade mercantil.

Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Miércoles, 15 Enero, 2025
Válido hasta: 
Lunes, 24 Febrero, 2025