Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento - 2025

- 13/05/2025
- 30/06/2025
-
Etapa
Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento - 2025
Data de publicación: 13/05/2025
Data inicio de solicitude: 21/05/2025
Data remate de solicitude: 30/06/2025
Obxecto
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciaran a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2023 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 1 de xullo de 2024 e a data da presentación da solicitude.
Características da axuda
Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que teña iniciado a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2023. En concreto:
1º. Equipamento informático.
2º. Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
3º. Investimentos en eficiencia enerxética.
4º. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
5º. Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
6º. Gastos notariais e/ou rexistrais (gasto corrente).
7º. Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade para a que se solicita a subvención (gasto corrente).
8º. A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os requisitos establecidos.
A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:
a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 20.000 €, a contía da axuda será do 55 % do investimento.
b) Con investimentos de 20.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.
c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 60.000 €, a contía da axuda será do 45 % do investimento.
No suposto de que o proxecto de investimento evite o peche dun negocio por falta de remuda xeracional e facilite que a persoa interesada en emprender teña a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente, a porcentaxe de intensidade en función do rango de investimento total realizado establecida neste artigo incrementarase nun 10 %.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, mutualistas e as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 e as sociedades cooperativas e laborais, que cumpran os dous requisitos seguintes: que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciaran a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2023, de conformidade co establecido no artigo 1.