Axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas) - 2026

- 16/01/2026
- 30/09/2026
-
Etapa
IG622A - Axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas) - 2026
Data de publicación: 16/01/2026
Data inicio de solicitude: 28/01/2026
Data remate de solicitude: 30/09/2026
Obxecto
Esta Resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas é apoiar e incentivar accións de promoción exterior que melloren a competitividade das empresas galegas e reforcen a súa presenza nos mercados internacionais. Serán subvencionables os proxectos de internacionalización nos cales se executen unha ou varias das seguintes actividades:
a) Promoción internacional: apoio á participación en feiras, outros eventos expositivos internacionais e misións comerciais que melloren a presenza e visibilidade das empresas galegas en novos mercados internacionais.
b) Competitividade internacional: iniciativas orientadas a reforzar o posicionamento e a capacidade operativa das empresas no exterior, mediante actuacións de adaptación a normativas, certificacións, mellora de procesos, accións de prospección en novos mercados e accións de márketing global.
c) Internacionalización dixital e e-commerce: proxectos destinados a impulsar a internacionalización a través da incorporación de tecnoloxías dixitais e solucións innovadoras, incluíndo o comercio electrónico, o márketing dixital e o uso de ferramentas de análise de datos para a toma de decisións.
Características da axuda
Serán subvencionables aqueles gastos que correspondan de xeito indubidable á natureza da actuación subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto para o cal foron concibidos. Os gastos subvencionables clasifícanse en:
1. Custos directos.
Promoción internacional. Nesta epígrafe inclúense as seguintes actividades:
a) Participación como expositor en feiras.
b) Participación activa noutros eventos expositivos de carácter internacional.
c) Misións comerciais directas.
d) Misións comerciais inversas.
2. Custos indirectos.
Serán aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables, que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada, pero resultan necesarios para a súa realización, en que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministracións (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza.
Fíxanse nun tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables, ao abeiro do disposto no artigo 54.a) do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).
A contía da axuda será dunha subvención do 70 % dos custos directos subvencionables relacionados.
Ademais, engádese a subvención dos custos indirectos do proxecto, correspondente a un tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables, ao abeiro do disposto no artigo 54.a) do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).
O importe máximo total de subvención será de 150.000 € por empresa, custos indirectos incluídos.
Para o conxunto das accións tipo a) Promoción internacional e b) Competitividade internacional, o importe máximo de subvención será de 100.000 €, custos indirectos incluídos.
Nas accións tipo c) Dixitalización para a internacionalización o importe máximo de subvención será de 50.000 €, custos indirectos incluídos.
O gasto mínimo subvencionable do proxecto, excluídos os custos indirectos, será de 3.500 € (IVE excluído).
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, incluídos os autónomos, que reúnan, entre outros, os seguintes requisitos:
- Cumprir coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).
- Estar dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización cun informe positivo, emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. No caso de non estaren inscritas, deberán solicitar a alta a través do procedemento IG192 antes da data de presentación da solicitude.