Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica - 2026

- 20/01/2026
- 02/03/2026
-
Etapa
IN421S - Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica - 2026
Data de publicación: 20/01/2026
Data inicio de solicitude: 28/01/2026
Data remate de solicitude: 02/03/2026
Obxecto
Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos en réxime de autoconsumo.
Características da axuda
Considéranse custos subvencionables todas aquelas actuacións que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma.
O prazo de execución dos investimentos subvencionables iniciarase unha vez que se efectuase a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto.
Actuacións subvencionables:
a) Os paneis solares fotovoltaicos.
b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cablaxe, equipamentos de medida e outros equivalentes), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota e outros equivalentes) e sistema de acumulación con baterías que non sexan de chumbo ácido.
c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
d) O custe de montaxe e conexionado.
Cando sexa de aplicación, cumprirase o Regulamento electrotécnico de baixa tensión (REBT) ou o de alta tensión, se for o caso.
A potencia mínima dos paneis fotovoltaicos do proxecto será de 100 kWp e a potencia máxima de 1.000 kWp.
Para as instalacións fotovoltaicas, o investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado a 750 €/kWh.
Adicionalmente, se o proxecto leva un sistema de acumulación con baterías, considerarase un custo adicional sen IVE de 750 €/kWh de capacidade de acumulación. As baterías de chumboácido non serán elixibles. De non incorporar ao proxecto baterías, este sumando sería cero.
A intensidade máxima da axuda será a seguinte:
| Persoas beneficiarias | Porcentaxe máxima de axuda |
|---|---|
| Entidades locais | 60 % |
| Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) | 60 % |
| Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas, a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas, en 10 puntos porcentuais | 30 % |
A contía máxima da axuda por proxecto será de 150.000 €.
Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Terase en conta a definición de empresa recollida no anexo I do Regulamento 651/2014, segundo a cal se considerará empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, pública ou privada, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.