Subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social - 2026


  • 29/01/2026
  • 10/04/2026

TR802L - Subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social - 2026

Data de publicación: 29/01/2026

Data inicio de solicitude: 10/02/2026

Data remate de solicitude: 10/04/2026

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas de apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e proceder á súa convocatoria para a anualidade 2026.

Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.

Características da axuda

Conceptos subvencionables:

1. Equipamento informático.

2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.

3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.

4. Mellora na eficiencia enerxética.

5. Adquisición de equipamento.

6. Reforma do centro de traballo.

7. Mobiliario.

8. Obtención de certificacións de calidade.

9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.

10. Plan de protección de datos.

11. Elementos de transporte.

12. Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estean dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA).

Os servizos descritos nos números 3, 8, 9, 10 e 12 deberán estar implantados ou realizados no período de execución.

A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:

- 5.000 €, para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 3, 8, 9 e 10.

- 600 €, para cada actividade formativa, das incluidas no concepto 12, que realice cada persoa socia da entidade que estea de alta no réxime especial de traballadores autónomos.

O límite máximo das axudas establécese en 30.000 € por cada entidade solicitante. No caso de que se solicite unha contía superior concederase de acordo coa orde de prelación establecida.

Persoas beneficiarias

Atendendo aos requirimentos adicionais establecidos, poderán ser beneficiarias as seguinte entidades, de entre as previstas no artigo 6 Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia: sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Infografía informativa

Válido desde: 
Jueves, 29 Enero, 2026
Válido hasta: 
Viernes, 10 Abril, 2026