Iria Carballo

Unha tradutora en pleno 2026? 

Podes pensar que o que teño para ofrecer é algo que podes facer por ti mesmo (coa axuda dun bot creado por vai ti a saber quen, onde e con que obxectivos). Poder podes, pero queres? Queres deixar o teu traballo de lado para ocuparte dos teus textos?

O que eu ofrezo é tranquilidade. E este é un servizo profesional que inclúe:

- Tempo para que te centres no importante: o teu negocio. Non perdas nin un segundo en tratar de dar cos prompts axeitados en cada momento nin en revisar desvaríos robóticos.
- Calidade, corrección e coherencia.
- Todo o necesario para evitar riscos lingüísticos que afecten á túa marca/reputación.

Esta non é unha loita entre humanos e robots. Non tes que escoller un bando. Haberá momentos nos que priorices o prezo e a velocidade, e outros nos que prime a confianza e a calidade.

Tes máis información sobre min na miña web, pero se queres que profundemos neste tema, non o dubides: escríbeme

 

 

 


Datos de contacto


Presenza na rede


Alba Méndez Tradución

Traduzo calquera tipo de texto, pero estou especializada en tradución audiovisual, así que podo axudarche facendo tradución para dobraxe, subtitulado ou subtitulado para persoas con dificultades auditivas.

Tes un texto en inglés e queres traducilo ao español? Queres traducir a túa páxina web de portugués ao español? Preocúpache a túa imaxe na rede e queres saber se as túas mensaxes están ben escritas en galego?

Pois escríbeme a: [email protected]


Datos de contacto


Presenza na rede