Dereito médico e erros/neglixencias sanitarias
Miguel Vieito Villar
Son un consultor legal e asesor en Dereito, que intenta activamente ter un perfil propio: achegado ao cliente, cunha linguaxe accesíbel e con total transparencia e honestidade.
Son Licenciado en Dereito, con especialidade en Dereito Púbico; Mestrado en Fiscalidade e Especialista Universitario en Dereito de Familia.
Ademais disto, téñome especializado en Dereito Sanitario e Médico, abranguindo dende neglixencias e erros médicos até denegacións de acceso a tratamentos ou protección de datos en saúde.
Son tamén mediador, inscrito no Rexistro de Mediadores do Ministerio de Xustiza.
(Só atendo previo contacto, ben por correo electrónico, ben por teléfono).