Saúl Vérez Fernández

Con máis dunha década de experiencia no mundo dixital, especialiceime en SEO, marketing dixital e innovación e deseño web cun enfoque particular na aplicación da Intelixencia Artificial para potenciar negocios online. A miña traxectoria distínguese por un profundo compromiso co aprendizaxe continuo e a adaptación de novas tecnoloxías, o que me levou a emprender unha formación avanzada en IA e innovación. Este paso non só reflicte a miña sede de coñecemento, senón tamén a miña determinación para estar á vangarda das tendencias dixitais.

As miñas aptitudes abranguen desde unha sólida comprensión técnica do SEO ata unha capacidade única para traducir estratexias dixitais complexas en resultados tanxibles para os meus clientes e o meu propio negocio online. A innovación, o pensamento analítico e unha habilidade innata para identificar e capitalizar oportunidades no cambiante panorama dixital son piares do meu perfil profesional.

Entre os meus retos futuros atópase o desexo de compartir o meu coñecemento a través da formación en SEO e IA, axudando a outros profesionais e empresas a navegar e prosperar no entorno dixital. Este curso representa unha peza clave na miña ambición de fusionar a intelixencia artificial con estratexias de SEO avanzadas, asegurando que tanto eu como os meus clientes estemos sempre un paso por diante.

En resumo, o meu perfil profesional é o dun innovador incansable, un experto en SEO e marketing dixital que busca constantemente novas formas de aplicar a IA en estratexias dixitais, co fin último de ensinar a outros e xerar un impacto positivo no sector.


Julián Bravo

Axudo a emprendedores e a empresas a ter unha web profesional para acadar os seus obxectivos dixitais e de vendas. Unha web profesional, responsive e autoxestionable, para que ti mesmo poidas administrala despois da formación que che darei.

Unha web personalizada para ti, con un sin fin de extensións, sinxela de usar. Todo esto, feito con Wordpress, o maior xestor de contido do mundo.

Ti tamén terás unha conta de administrador para que poidas realizar as actualizacións que creas convintes na túa páxina web. Aínda que se prefires esquecerte deso, ofrézoche varios packs para o mantemento web e que a túa única preocupación sexa centrarte no teu negocio.

Se non sabes por onde comezar, eu axúdoche, guíote... Comezamos?


Anxo Sánchez

Axudo a emprendedores coma ti ou a empresas como a túa a ter unha web profesional que voe, teña visibilidade e consiga clientes a través de internet.

Sei que os inicios de todo proxecto son duros, eu mesmo o sentín non hai moito, por iso se es un emprendedor que está comezando ou simplemente queres anovar o teu escaparate dixital, podes contar comigo.

Unha web é a ferramenta ideal para trasladar ao mundo o que mellor sabes facer.

Deseñareina para que a poidas xestionar de xeito sinxelo. Optimizareina para que sexa intuitiva e do gusto de Google. Engadirei velocidade e seguridade para que a túa máxima preocupación sexa o teu negocio, fiques contento e durmas tranquilo cun investimento ben feito.

Unha proposta personalizada unicamente para ti, escalable, con infinidade de extensións, sinxela no seu uso e cunha curva de aprendizaxe pequena. Todo isto nunha base de WordPress, o maior xestor de contidos do mundo.

Goza de personalización e escalabilidade para que o teu proxecto medre. Todo iso coa satisfacción de poder implicarte no seu desenvolvemento grazas aos titoriais e o soporte que inclúen os meus proxectos web.

Sen enganos.


JFV

Somos unha consultoría multidisciplinar especializada en servizos en Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) e o márketing dixital.
 
O noso obxectivo, é axudar á dixitalización de empresas, o desenvolvemento de negocios en liña e posicionalos para conseguir maior relevancia, presenza e aumentar as súas vendas.
 
Implementamos todo tipo de proxectos tecnolóxicos para a xestión eficiente da empresa grazas á consultoría de software e hardware, soluciones CRM e ERP, desenvolvo web, eCommerce, aplicacións móbiles ou a programación de calquera aplicación a medida.
 
Achegar a tecnoloxía ao márketing está no noso ADN. Creamos estratexias e utilizamos ferramentas tecnolóxicas que nos permiten obter os mellores resultados para os nosos clientes en servizos como a optimización web e SÉ, a publicidade en liña, a xestión de redes sociais ou o e-mail márketing.
 
 
 
 

Datos de contacto


Presenza na rede


DesInv - Marketing Dixital e Deseño Web

Somos DesInv, unha empresa Galega establecida en Santiago de Compostela, especializados no desarrollo e deseño webposicionamiento SEO, e publicidade online en Google Adwords e en Facebooks Ads.

Pode contactar con nos para resolver calquera dúbida ou ver os nosos casos de éxito.