Iria Carballo

Unha tradutora en pleno 2026? 

Podes pensar que o que teño para ofrecer é algo que podes facer por ti mesmo (coa axuda dun bot creado por vai ti a saber quen, onde e con que obxectivos). Poder podes, pero queres? Queres deixar o teu traballo de lado para ocuparte dos teus textos?

O que eu ofrezo é tranquilidade. E este é un servizo profesional que inclúe:

- Tempo para que te centres no importante: o teu negocio. Non perdas nin un segundo en tratar de dar cos prompts axeitados en cada momento nin en revisar desvaríos robóticos.
- Calidade, corrección e coherencia.
- Todo o necesario para evitar riscos lingüísticos que afecten á túa marca/reputación.

Esta non é unha loita entre humanos e robots. Non tes que escoller un bando. Haberá momentos nos que priorices o prezo e a velocidade, e outros nos que prime a confianza e a calidade.

Tes máis información sobre min na miña web, pero se queres que profundemos neste tema, non o dubides: escríbeme

 

 

 


Datos de contacto


Presenza na rede