Aprobados no Congreso dos Deputados os novos incentivos para o emprego autónomo
O Congreso dos Deputados aprobou o día 21 de xuño a introdución de diversas medidas na nova Lei de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo, para mellorar as condicións de Seguridade Social e laborais deste colectivo que forman 3,2 millóns de persoas. De xeito resumido, as novidades máis importantes son as seguintes:
- Amplíase de seis meses a un ano a cotización de 50 euros á Seguridade Social para os novos negocios.
- Máis bonificacións para mozas e mulleres.
- As bonificacións serán compatibles coa contratación de asalariados.
- Bonificación de cotizacións para contratar a familiares de forma indefinida.
- Rebaixa de cotizacións sociais para favorecer a maternidade.
- Compatibilidade entre o salario e a pensión.
- Maior flexibilidade para darse de alta e de baixa na Seguridade Social.
- Máis facilidades para o cambio da base de cotización.
- A base de cotización dos propietarios e directivos desvincúlase do Salario Mínimo Interprofesional.
- Redúcense as recargas da Seguridade Social por débedas durante o primeiro mes de atraso.
- Protección para o accidente "in itinere".
- Deducións fiscais para o autónomo que traballa na súa casa.
- Dedución de 12 euros pola comida en xornada laboral.
- Facilidades para o reintegro ao autónomo por exceso de cotización.
- Favorecer a participación institucional dos autónomos.
Estas novidades deberán agora verse desenvoltas na tramitación parlamentaria da iniciativa.
Fonte: Expansión