Nova edición da Maker Faire Galicia

Os días 24, 25 e 26 de novembro ponse en marcha a terceira edición da Galicia Maker Faire, que terá lugar no Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura, enfocada ao sector profesional, co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Gain.

Este ano, a Galicia Maker Faire aborda a súa terceira edición consolidándose como a máis importante da península, tanto en número de "makers" como de asistentes, situándose entre as cinco con maior volume de visitantes de Europa.

Con este novo emprazamento se quere superar as cifras obtidas nas edicións anteriores, ás que acudiron máis de 24.000 asistentes e máis de 300 makers que expuxeron os seus proxectos, converténdose no maior punto de encontro para potenciar unha Galicia máis innovadora e colaborativa.

Este ano, buscando un impulso internacional, a Galicia Maker Faire contará con poñentes e expositores de referencia mundial, buscando unha maior visibilidade ao evento para que serva para xerar novas oportunidades de negocio para as persoas autónomas, empresas e demais participantes.

Máis información na súa páxina web