Axudas para o fomento do emprendemento en economía social APROL-Economía Social Programa I
- 26/01/2018
- 01/10/2018
-
Etapa
TR802G - Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais
Data de publicación: 25/01/2018
Data inicio de solicitude: 26/01/2018
Data fin solicitude: 01/10/2018
Obxecto
As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas para fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e proceder á súa convocatoria para o ano 2018, centrándose o Programa I no fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.
Características das distintas modalidades de axudas
Subvencións en réxime de concurrencia non competitiva, entre 6.000 € e ata un máximo de 67.500 € segundo a tipoloxía da persoa beneficiaria, para o fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais.
O dito acceso deberá ser mediante as achegas económicas ao capital social da sociedade laboral ou cooperativa, tendo como período de execución das accións subvencionables entre o 17 de marzo de 2017 e o 16 de novembro de 2018.
Persoas beneficiarias
Cooperativas e sociedades laborais que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo con carácter indefinido, en centros de traballo emprazados na Comunidade Autónoma de Galicia a persoas demandantes de emprego, a persoas traballadoras cun contrato de traballo temporal na cooperativa ou sociedade laboral ou a persoas socias a proba da cooperativa na que se incorporan.
Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG