Axudas para o fomento do emprendemento en economía social APROL-Economía Social Programa I


  • 26/01/2018
  • 01/10/2018
Accede dende aquí

TR802G - Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais

Data de publicación: 25/01/2018

Data inicio de solicitude: 26/01/2018

Data fin solicitude: 01/10/2018

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas para fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e proceder á súa convocatoria para o ano 2018, centrándose o Programa I no fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.

Características das distintas modalidades de axudas

Subvencións en réxime de concurrencia non competitiva, entre 6.000 € e ata un máximo de 67.500 € segundo a tipoloxía da persoa beneficiaria, para o fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais.

O dito acceso deberá ser mediante as achegas económicas ao capital social da sociedade laboral ou cooperativa, tendo como período de execución das accións subvencionables entre o 17 de marzo de 2017 e o 16 de novembro de 2018.

Persoas beneficiarias

Cooperativas e sociedades laborais que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo con carácter indefinido, en centros de traballo emprazados na Comunidade Autónoma de Galicia a persoas demandantes de emprego, a persoas traballadoras cun contrato de traballo temporal na cooperativa ou sociedade laboral ou a persoas socias a proba da cooperativa na que se incorporan. 

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Válido dende: 
venres, 26 Xaneiro, 2018
Válido ate: 
luns, 1 Outubro, 2018