Subvencións para promover o autoemprego das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes


  • 06/04/2018
  • 31/10/2018
Accede desde aquí

PR937A - Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes

Data de publicación: 05/04/2018

Data inicio de solicitude: 06/04/2018

Data fin de solicitude: 28/09/2018 (ampliado ata o 31/10/2018)

Obxecto

Estas subvencións teñen por obxecto promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, subvencionando os gastos que supón o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas, como socias traballadoras de sociedades laborais ou de cooperativas de traballo asociado (Código PR937A).

Características da axuda

Estas axudas teñen como obxecto apoiar o aboamento dos gastos subvencionables como son os de establecemento relacionados coa actividade, gastos de notaría e rexistro, cursos, subscricións, cotas de participación en asociacións empresariais ou profesionais , servizos de profesionais, tributos, licenzas administrativas, gastos derivados do deseño, desenvolvemento, mantemento e soporte da páxina web, publicidade e propaganda, primas de seguros, arrendamentos, ...

O importe da subvención será o 80 % dos gastos subvencionables, ata unha contía máxima de 5.000 euros para o caso de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia e de 7.000 euros para o caso de persoas socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Estes importes incrementaranse en 1.000 euros cando a persoa solicitante teña 39 anos ou menos, se a persoa solicitante é muller ou se o centro de traballo estea situado nun concello rural

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as personas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia:

1, As persoas galegas nacidas en Galicia

2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes das persoas galegas e nacidas en Galicia ata o segundo grao de consanguinidade incluído

3. As persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior convocadas pola Secretaría Xeral da Emigración

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG.

Válido desde: 
Viernes, 6 Abril, 2018
Válido hasta: 
Miércoles, 31 Octubre, 2018