Emprega Xuventude - Programa a prol da contratación e formación de persoas mozas
- 13/04/2018
- 01/10/2018
-
Etapa
TR349T - Emprega Xuventude - Programa a prol da contratación e formación das persoas mozas - Bono contratación e Bono formación
Data de publicación: 13/04/2018
Data inicio de solicitude: 14/04/2018
Data fin de solicitude: 01/10/2018
Obxecto
Estas axudas teñen como finalidade facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade. (Código TR349T).
Características da axuda
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para os contratos cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos
b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
O importe da subvención consistirá:
a) Bono de contratación: Unha axuda de 5.000 euros por cada persoa desempregada contratada, incrementable nun 25% no caso de que a persoa a incorporar sexa muller ou emigrante retornado ou o centro de traballo estea situado nun concello rural.
b) Bono de formación: Unha axuda de 2.000 euros por cada persoa moza contratada que a reciba na súa integridade.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas.
Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG.