Subvencións para gastos de funcionamento de entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas


  • 04/05/2018
  • 04/06/2018
Accede desde aquí

TR358A - subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se convocan para o ano 2018

Data de publicación: 03/05/2018

Data inicio de solicitude: 04/05/2018

Data fin de solicitude: 04/06/2018

Obxecto

Esta axuda ten por finalidade sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

Características da axuda

Serán subvencionables os gastos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada, realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:

a) Gastos de persoal.

b) Arrendamentos de locais.

c) Servizos profesionais independentes.

d) Primas de seguros.

e) Publicidade e propaganda.

f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.

g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e de auga.

h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.

i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas.

j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexa superior ao da Comunidade Autónoma. Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As entidades solicitantes, para seren beneficiarias, deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter personalidade xurídica propia e independente.

b) Estar inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia na data de publicación desta orde.

c) Desenvolver a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Ter o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñeren dunha oficina permanente nela.

Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unión de asociacións que igualmente presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.

Neste enlace pódese acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG.

Válido desde: 
Viernes, 4 Mayo, 2018
Válido hasta: 
Lunes, 4 Junio, 2018