Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida


  • 09/11/2018
  • 31/01/2019

PR604A -  Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida - 2018

Data de publicación: 9 de novembro de 2018

Data de inicio solicitude: 10 de novembro de 2018

Data de remate solicitude: 31 de xaneiro de 2019

Obxecto

Estas axudas teñen por obxecto subvencionar a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida que cumpran os seguintes parámetros de nivel de servizo:

a) Permitir unha taxa de transferencia nominal por usuario final no sentido da rede cara ao usuario de, polo menos, 30 Mbps medidos na saída do equipamento da rede do operador máis próximo ao usuario final (canle descendente), cunha garantía de caudal do 80 % (o 95 % do tempo).

b) Permitir, mantendo todas as características do servizo inalteradas, a transferencia ilimitada de datos en ambos os sentidos (da rede ao usuario e do usuario á rede).

c) Asegurar unha dispoñibilidade do servizo, nos termos de calidade de servizo mencionados de, polo menos, o 98 % medida en intervalos de meses naturais por usuario final.

d) Asegurar que os parámetros de calidade de servizo (QoS) de transmisión de datos proporcionado (jitter, retardo e taxa de perda de paquetes) son compatibles coa realización de comunicacións de voz e vídeo en tempo real. 

e) Resolver polo menos o 95 % das incidencias que supoñan un corte de servizo en vinte e catro (24) horas ou menos.

Características da axuda

A intensidade da subvención que se poida conceder a cada persoa beneficiaria coincidirá coa indicada na súa solicitude cun máximo de 20.000 € de subvención por proxecto subvencionado e persoa beneficiaria, sen menoscabo das limitacións adicionais que estableza o marco normativo de aplicación. 

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas autónomas que acrediten:

a) Ter domicilio fiscal ou polo menos un centro de traballo en Galicia.

b) Non ter contratado nin poder contratar en condicións de mercado, na localización obxecto de solicitude, servizos de banda larga con trinta (30) ou máis megabits por segundo de descarga (fluxo de datos no sentido da rede ao usuario), e estar, por tanto, illada das redes que prestan estes servizos.

c) Non estar situada a actividade dentro dun polígono industrial que xa conte con acceso a redes de banda larga ultrarrápida ou que dispoña de plans de despregamento en curso para estas redes e estar, por tanto, a empresa illada destas redes.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Neste enlace pódese tamén acceder ás bases do ano 2017

Válido desde: 
Viernes, 9 Noviembre, 2018
Válido hasta: 
Jueves, 31 Enero, 2019