Axudas para implantar a RSE, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal - 2019


  • 29/01/2019
  • 14/03/2019
Accede desde aquí

TR357 - Axudas para implantar a RSE, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal

Data de publicación: 28/01/2019

Data inicio de solicitude: 29/01/2019

Data fin de solicitude: 14/03/2019

Obxecto

Aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerán as axudas para implantar sistemas de xestión de RSE (código TR357B), a igualdade laboral (código TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (código TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Esta orde de convocatoria de axuda estrutúrase en tres liñas de axudas:

Liña I: certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial.

Liña II: elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos e nos ámbitos definidos no artigo 68 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Liña III: conciliación da vida laboral, familiar e persoal (TR357D) que, pola súa vez, comprende tres subliñas:

Subliña III.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.
Subliña III.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.
Subliña III.3. Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións, entre outras, as persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras.

Neste enlace pode acceder ao texto completo da orde.

Válido desde: 
Martes, 29 Enero, 2019
Válido hasta: 
Jueves, 14 Marzo, 2019