Resolución pola que se aproba o Plan de Inspección do comercio para o ano 2019
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar hoxe o o Plan de inspección comercial e o Plan de inspección do comercio dixital para o ano 2019.
Na liña de garantir os principios e directrices do comercio interior en Galicia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria busca potenciar a Inspección de Comercio e protexer ás persoas consumidoras e usuarias no ámbito deste sector.
Polo que respecta á inspección comercial, o Plan de inspección articularase arredor das seguintes campañas:
- Campañas de información da normativa comercial
- Campañas de vixilancia do cumprimento da normativa comercial
- Campañas de verificación / comprobación material de cumprimento de subvencións e outros requisitos
Polo que respecta ao Plan de inspección do comercio dixital, desenvolverase atendendo ás seguintes comprobacións:
- Prezos
- Desistencia
- Gastos de devolución
- Uso de cláusulas limitativas
- Comprobación de datos
- Condicións de garantía
- Xurisdición e sometemento
- Información clara, veraz e suficiente
- Vendas promocionais
- Ofertas de artigos