Subvencións para a loita contra as enfermidades profesionais no sector mineiro en Galicia


  • 07/06/2019
  • 08/07/2019
Accede desde aquí

IN317A -  Subvencións para a loita contra as enfermidades profesionais no sector mineiro en Galicia

Data de publicación: 6 de xuño de 2019

Data de inicio solicitude: 7 de xuño de 2019

Data de remate solicitude: 8 de xullo de 2019

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas, en réxime de mínimis, para incentivar ás empresas mineiras á aplicación de tecnoloxías innovadoras e á implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro de Galicia.

Características da axuda

Serán subvencionables dúas liñas de actuación:

Liña A: investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico da zona afectada pola actividade mineira, en especial mediante a redución das emisións de po e ruído.

Liña B: investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, en especial a redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo. 

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Neste enlace dáse máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Válido desde: 
Viernes, 7 Junio, 2019
Válido hasta: 
Lunes, 8 Julio, 2019