Subvencións para a loita contra as enfermidades profesionais no sector mineiro en Galicia
- 07/06/2019
- 08/07/2019
-
Etapa
IN317A - Subvencións para a loita contra as enfermidades profesionais no sector mineiro en Galicia
Data de publicación: 6 de xuño de 2019
Data de inicio solicitude: 7 de xuño de 2019
Data de remate solicitude: 8 de xullo de 2019
Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas, en réxime de mínimis, para incentivar ás empresas mineiras á aplicación de tecnoloxías innovadoras e á implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro de Galicia.
Características da axuda
Serán subvencionables dúas liñas de actuación:
Liña A: investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico da zona afectada pola actividade mineira, en especial mediante a redución das emisións de po e ruído.
Liña B: investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, en especial a redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar.
Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.
Neste enlace dáse máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.