Axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal - 2019


  • 30/07/2019
  • 30/08/2019
Accede desde aquí

MR419A -  Axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal - 2019

Data de publicación: 30 de xullo de 2019

Data de inicio solicitude: 31 de xullo de 2019

Data de remate solicitude: 30 de agosto de 2019

Obxecto

A axuda regulada por estas bases teñen por obxecto o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (en adiante PDR) de Galicia 2014-2020, dentro da medida 4, Investimentos en activos físicos, submedida 4.1, Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, contribuíndo directamente ás areas focais 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular con obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola) e 5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura).

En definitiva, esta axuda ten como finalidade:

  1. Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
  2. Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Características da axuda

Serán subvencionables os investimentos materiais ou inmateriais directamente relacionados coa orientación técnico-económica principal, que supoñan unha mellora do rendemento global, da competitividade ou da viabilidade da explotación, en particular:
    a) Reforma ou construción de instalacións que supoñan unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade.

    b) Compra de construcións agrarias en desuso.

    c) Compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.

    d) Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados e outros gastos xerais (redacción do proxecto, dirección de obra, estudos de viabilidade,...)

    e) Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados, que poden comprender gastos xerais tales como honorarios dos técnicos que elaboren os proxectos de construción ou reforma, licenzas de software

Fíxase un investimento mínimo subvencionable de 5.000 euros e un volume total de investimento máximo subvencionable de 120.000 euros/UTA (unidade de traballo agrario), cun máximo de 500.000 euros/beneficiario nos últimos catro anos (importes cobrados nos últimos catro anos derivados dunha axuda concedida a través da medida 4.1 do PDR de Galicia 2014-2020 ou da medida 1.2.1 do PDR de Galicia 2007-2013, desde a data de solicitude de pagamento do expediente ata a data de publicación da orde).

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas titulares de explotacións agrícolas, entendendo como tales aquelas que exercen a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación, inscritas no Reaga con orientación técnico-económica principal nos cultivos establecidos no artigo 4 da orde.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido desde: 
Martes, 30 Julio, 2019
Válido hasta: 
Viernes, 30 Agosto, 2019