Subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo
- 29/11/2019
- 30/12/2019
-
Etapa
TU300A - Subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo
Data de publicación: 29 de novembro de 2019
Data de inicio solicitude: 30 de novembro de 2019
Data de remate solicitude: 30 de decembro de 2019
Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas a proxectos de promoción e dinamización con motivo da conmemoración do Ano Santo Xacobeo 2021 que se celebren entre o 1 de maio de 2020 e o 30 de abril de 2021, co obxectivo principal de lograr unha programación sociocultural cara ao Xacobeo 2021 para a promoción e potenciación de Galicia, así como reforzo da dimensión internacional do Camiño de Santiago e da propia Comunidade Autónoma, tales como: exposicións, mostras, intervencións, exhibicións, concertos, feiras e festivais, publicacións, creacións audiovisuais, talleres, xornadas de formación, conferencias, charlas, encontros, foros, actividades deportivas dirixidas, torneos, mostras gastronómicas, catas e degustacións, actividades de formación e intercambio, e outras.
Os proxectos presentados deberán desenvolverse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e adherirse, polo menos, a tres dos obxectivos do Xacobeo 2021.
Características da axuda
A porcentaxe máxima de financiamento dos proxectos de persoas traballadoras autónomas que resulten subvencionados será do 60% cun máximo de 25.000€.
Teñen a consideración de gastos subvencionables, que terán que ser xustificados polas persoas físicas de conformidade co disposto nas bases reguladoras, aqueles gastos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen desde o 1 de maio do ano 2020 ata o 30 de abril de 2021.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas (liña 2).