Subvencións para a realización de auditorías, implantación e proxectos de eficiencia enerxética - 2020


  • 20/01/2020
  • 20/02/2020
Accede desde aquí

IN417Y - Subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos (2020)

Data de publicación: 20/01/2020

Data inicio de solicitude: 21/01/2020

Data fin solicitude: 20/02/2020

Obxecto

As bases regulan a concesión de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industria e servizos que cumpran cos requisitos e condicións establecidos.

Características da axuda

Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade, e rematará no prazo previsto:

1. Auditorías enerxéticas.
Será subvencionable a realización de auditorías enerxéticas que analicen de xeito integral o proceso produtivo do centro de traballo da empresa e que propoñan medidas de redución do consumo enerxético. Será requisito indispensable un compromiso formal do representante da empresa de execución de todas as actuacións de aforro detectadas na auditoría que presenten o suficiente grao de madureza tecnolóxica e un período de retorno do investimento inferior a dous anos. 

2. Implantación de sistemas de xestión certificados.
Será subvencionable a implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme a Norma ISO 50.001 por entidade acreditada durante o período de xustificación. No caso de non se ter completado a obtención do certificado, deberá xustificarse o inicio do proceso de certificación achegando contrato asinado cunha entidade acreditada. 

3. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética.
Serán elixibles os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos ou na industria.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido desde: 
Lunes, 20 Enero, 2020
Válido hasta: 
Jueves, 20 Febrero, 2020