Programa Bono nova oportunidade das persoas autónomas - 2020
- 18/02/2020
- 30/09/2020
-
Etapa
TR341T - Programa bono nova oportunidade das persoas autónomas - 2020
Data de publicación: 18 de febreiro de 2020
Data de inicio solicitude: 19 de febreiro de 2020
Data de remate solicitude: 30 de setembro de 2020
Obxecto
A axuda regulada por estas bases teñen por obxecto establecer a concesión de axudas do Programa da segunda oportunidade das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Características da axuda
A axuda establecida neste programa consistirá en:
a) Bono apoio: concederase unha axuda de 6.000 euros ás persoas que estiveran inscritas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego antes da data de solicitude ou da data de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquer outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional para persoas que se deron de alta antes da entrada en vigor da orde.
b) Bono formación: A persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 6.000 euros para realizar un mínimo de 70 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada no prazo comprendido de tres meses antes da alta ata o 31 de outubro de 2020.
A axuda máxima total será de 12.000 €.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas que se dean de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional no período do 1 de xaneiro de 2020 ao 30 de setembro de 2020 e cesaran con anterioridade na súa actividade causando baixa na Seguridade Social ou na mutualidade correspondente e no imposto de actividades económicas (IAE) por causas económicas e cumpran os demais requisitos na data da solicitude ou data de inicio de actividade segundo o modelo 036 ou 037 para as persoas que xa se desen de alta antes da solicitude.