Programa formativo on-line de apoio á internacionalización ante o COVID-19
A Xunta pon en marcha o programa formativo en liña gratuíto de apoio á internacionalización dixital dirixido a autónomos e pemes que desexen abordar cambios nas súas estratexias de introdución e consolidación das vendas nos mercados exteriores.
Esta iniciativa forma parte do Plan de transformación dixital, que o Goberno galego vén de activar para facilitar a reactivación do tecido empresarial e a súa adaptación á actual situación derivada do Covid-19.
Mediante oito talleres de orientación práctica e titorías individuais con expertos, esta iniciativa proporcionará aos participantes capacitación neste eido, un servizo personalizado de orientación e o acceso á rede de contactos profesionais do Igape en diferentes países.
A partir do vindeiro 29 de maio e ata o 17 de xullo, todos os venres terán lugar as sesión formativas, de 9 a 11 h e a través da ferramenta de videoconferencia Zoom.