Subvencións para promover o autoemprego das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes


  • 04/06/2020
  • 30/09/2020

PR937A - Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes

Data de publicación: 04/06/2020

Data inicio de solicitude: 05/06/2020

Data fin de solicitude: 30/09/2020

Obxecto

Estas subvencións teñen por obxecto promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, subvencionando os gastos que supón o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas, como socias traballadoras de sociedades laborais ou de cooperativas de traballo asociado (Código PR937A).

Características da axuda

Estas axudas teñen como obxecto apoiar a promoción e desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes.

O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:

a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 2.000 euros.

O importe máximo da subvención concedida ao amparo desta convocatoria será de 8.000 euros.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia:

1, As persoas galegas e nacidas en Galicia

2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido desde: 
Jueves, 4 Junio, 2020
Válido hasta: 
Miércoles, 30 Septiembre, 2020