Subvencións a empresas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental para a loita conta enfermidades profesionais - 2020


  • 16/06/2020
  • 31/07/2020

IN317B - Subvencións a empresas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental para a loita conta enfermidades profesionais - 2020

Data de publicación: 16 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 1 de xullo de 2020

Data remate de solicitude: 31 de xullo de 2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto a concesión das axudas que teñen por obxecto incentivar, ás empresas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental, a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que poidan derivar dunha exposición prolongada ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Serán subvencionables aqueles investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, especificamente a redución da exposición ao po dos traballadores nos seus postos de traballo.
 
Só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan unha mellora, sempre por encima dos requisitos normativos aplicables, das condicións laborais, especificamente as relativas á redución da exposición ao po, dos traballadores nos seus postos de traballo.
  
Serán gastos subvencionables aqueles directamente relacionados co investimento destinado a mellorar as condicións laborais, especificamente a reducir a exposición ao po dos traballadores nos seus postos de traballo.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as empresas privadas con centros de traballo de elaboración de rocha ornamental localizados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que a subvención solicitada teña por obxecto mellorar as condicións laborais nos ditos centros de traballo localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.

En calquera caso, para os efectos desta orde, considéranse actividades de elaboración de rocha ornamental aquelas actividades incluídas na sección C e, en concreto, na clase 23.70 do CNAE.

Para os efectos do disposto nesta orde considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas os empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.


Publicación DOG Ficha sede

Válido desde: 
Martes, 16 Junio, 2020
Válido hasta: 
Viernes, 31 Julio, 2020