Axudas a familias con nenas e nenos para a conciliación na situación xerada polo COVID-19


  • 12/06/2020
  • 13/07/2020
Accede desde aquí

BS900C - Axudas ás familias con nenas e nenos de ata 12 anos para a conciliación na situación xerada polo COVID-19 - Bono Coidado extraordinario - 2020

Data de publicación: 12 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 13 de xuño de 2020

Data remate de solicitude: 13 de xullo de 2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar as axudas económicas ás familias con nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, que teñan a súa residencia en Galicia para a conciliación da vida familiar e laboral durante o tempo de suspensión de actividade nas escolas infantís 0-3 e centros de ensino non universitario como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 - Bono coidado extraordinario.

Características da axuda

Poderán ser obxecto destas axudas as seguintes actuacións dirixidas á atención de nenos e nenas menores de 12 anos e realizadas dentro do período indicado no artigo 5.2:

a) Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio. 

b) Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar destinada ao coidado dos nenos e nenas. Consideraranse tamén neste suposto as ampliacións de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade.

c) Pase a situación de excedencia por coidado de fillos/as, ou redución da xornada de traballo pola mesma causa do/da pai/nai, titor/a, ou a/s persoa/s que teñan o neno ou nena en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva, sempre que supoña unha redución efectiva nas retribucións.

Consideraranse tamén as reducións da xornada de traballo preexistentes que se adaptasen ou modificasen con esta finalidade. Non serán obxecto de subvención os períodos durante os que se perciba a prestación por nacemento ou coidado de persoa menor no marco da normativa da Seguridade Social.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Coidado extraordinario os/as pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as de ata doce anos de idade residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

a) Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de agosto de 2007.

b) Ambos proxenitores, ou o único no caso de familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, traballando.

Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo no que esta se exerza efectivamente, debendo presentar, nestes casos, cada proxenitor unha solicitude individual.

c) Ter uns salarios netos da unidade familiar da última mensualidade respecto do momento de presentación da solicitude, detraendo o rateo da paga extraordinaria se a houber, ou os rendementos netos da unidade familiar no caso de persoas traballadoras autónomas, non superen os 2.500 € ou, de superalos, non sexan superiores aos 806 € per cápita.


Publicación Boletín Ficha sede

Válido desde: 
Viernes, 12 Junio, 2020
Válido hasta: 
Lunes, 13 Julio, 2020