Subvencións para o impulso da comercialización dixital - 2020


  • 12/08/2020
  • 30/09/2020
Accede desde aquí

IN201G - Subvencións para o impulso da comercialización dixital - 2020

Data de publicación: 12 de agosto de 2020

Data inicio de solicitude: 13 de agosto de 2020

Data remate de solicitude: 30 de setembro de 2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o impulso da comercialización dixital.

Características da axuda

Actuacións de comercialización dixital.
a) A organización virtual de tendas efémeras, plataformas ou páxinas de market place, feiras ou calquera outro tipo de evento comercial, nacional ou internacional, celebrados en liña.
b) A participación virtual como expositora/o en tendas efémeras, plataformas ou páxinas de market place, feiras ou calquera outro tipo de evento comercial, nacional ou internacional celebrados en liña.

Actuacións de comercialización física.
1) Titulares dos obradoiros artesanais.
a) Participación como expositor/a en feiras profesionais (de interese artesanal, nacionais ou internacionais) sen venda directa con retirada de mercadoría.
b) Participación como expositor/a en feiras non profesionais (de interese artesanal, nacionais ou internacionais).
c) Participación como expositor/a en feiras profesionais e non profesionais (de interese artesanal, nacionais ou internacionais) do período do Nadal 2019-2020.

2) Concellos.
a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo dev 15.000,00 € de subvención por feira.
b) Feiras non monográficas de distintos oficios.

3) Asociacións profesionais e empresariais de artesáns.
a) Organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma de distintos oficios, que conten cun mínimo dun 80 % de expositores (sobre o total de postos) de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). 

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:

Comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio social adique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata a data límite de presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.

Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas en que cando menos o 90 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na Sección Segunda (obradoiros artesanais) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia


Publicación boletín Ficha sede

Válido desde: 
Miércoles, 12 Agosto, 2020
Válido hasta: 
Miércoles, 30 Septiembre, 2020